MUIÑEIROS NO COLE
Ola,os nenos e nenas de 3º de primaria do CEIP Os Muíños de Muxía,este ano mergullaránse no mundo dos muíños!!!!
19 de junio de 2012
Visitounos Hippie.
Hoxe compartimos parte da mañá con Hippie, un can de rescate que adestra Alejandro Míguez Cruz, adestrador profesional.
23 de marzo de 2012
Celebración Día da Poesía.
A escola púxose ao sol, e recitou e recitou... poemas do mar e do vento, de risa e de pena, de auga e de terra, de inverno e verán... Poemas e música. Primavera.
2 de marzo de 2012
Aniversario de Rosalía de Castro
O día 24 de febreiro foi o Aniversario de Rosalía de Castro. Cumpre 175 anos... Si, xa é maior, pero está tan viva que todos recoñecemos, aprendemos, recitamos, lemos os seus poemas... Poemas que falan do amor, da soedade, da nosa terra, da nosa lingua, das nosas tradicións... Parabéns, Rosalía, moitos anos de vida!
13 de noviembre de 2011
6 de septiembre de 2011
Axenda Escolar 2011-2012
Benvidos a todos ao novo curso escolar 2011 -2012. Aquí tedes as novas axendas para o curso que vai a comezar. Cando o alumnado se incorpore ao centro, as axendas estarán preparadas, para que coas súas letras miúdas e imperfectas rotulen o nome na portada. O seu interior irase enchendo de anotacións, datas imprecisas e deberes por facer... Espero que vos guste!!!
Open publication - Free publishing
28 de marzo de 2011
Reportaxe en VTelevisión.
Aquí tedes o enlace para que vexades a reportaxe que nos fixeron os de VTelevisión o día 18 de marzo. Saímos no min 10 e 20seg. aproximadamente.
http://www.vtelevision.es/informativos/2011/03/26/0031_24_64452.htm
http://www.vtelevision.es/informativos/2011/03/26/0031_24_64452.htm
24 de marzo de 2011
2ª visita piscina
O alumnado de 1º,2º e 4ºE.P. disfrutamos da segunda visita á piscina o pasado martes día 22.... a auga patossssss!
Grazas Aurelia pola montaxe do video.
Grazas Aurelia pola montaxe do video.
18 de marzo de 2011
Esta páxina contén recursos para o 1º ciclo de E.P. que traballaremos ao longo da vindeira semana. Podedes ir practicando os referentes a matemáticas e lengua. É moi divertido.
http://marife2.wordpress.com/
http://marife2.wordpress.com/
17 de marzo de 2011
Aquí tedes enlaces a páxinas que traballamos na aula para que poidades repasar os contidos
zonaClic - actividades - Las palabras
Clicade a continuación e seguide practicando:
http://clic.xtec.cat/projects/sustadje/jclic/sustadje.jclic.zip Sustantivos y adjetivos.
http://clic.xtec.cat/projects/horas/jclic/horas.jclic.zip As horas do reloxo.
http://clic.xtec.cat/projects/tablamul/jclic/tablamul.jclic.zip As táboas de multiplicar.
zonaClic - actividades - Las palabras
Clicade a continuación e seguide practicando:
http://clic.xtec.cat/projects/sustadje/jclic/sustadje.jclic.zip Sustantivos y adjetivos.
http://clic.xtec.cat/projects/horas/jclic/horas.jclic.zip As horas do reloxo.
http://clic.xtec.cat/projects/tablamul/jclic/tablamul.jclic.zip As táboas de multiplicar.
12 de marzo de 2011
Os nosos amigos: AS MASCOTAS
Dende a biblioteca do cole, durante o mes de febreiro traballamos sobre o tema: As mascotas.
Trouxemos fotos das nosas mascotas e elaboramos un mural.
Fixemos o D.N.I. delas onde reflexamos o seu aspecto físico e a súa forma de ser. Contamos aos nosos compañeiros como chegaron ás nosas mans e que compartimos con elas.
Esperamos que vos guste o noso traballo.
Trouxemos fotos das nosas mascotas e elaboramos un mural.
Fixemos o D.N.I. delas onde reflexamos o seu aspecto físico e a súa forma de ser. Contamos aos nosos compañeiros como chegaron ás nosas mans e que compartimos con elas.
Esperamos que vos guste o noso traballo.
Obradoiro "Mantemento de relacións"
O venres visitounos José C, para falarnos da amizade. Estivemos reflexionando sobre os nosos amigos e amigas: onde os coñecemos, que compartimos con eles, cousas positivas e negativas, como axudalos... a verdade é que estivo moi interesante e descubrimos moitas cousas sobre a amizade.
8 de marzo de 2011
Ademais de disfrazarnos ao longo da semana, o venres celebramos o entroido cun desfile de disfraces e coa degustación dos postres que trouxeron ás familias para a participación no concurso "Postres do entroido". Grazas a todas elas polo esforzo,implicación,orixinalidade e creatividade. Ata o vindeiro ano!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)