23 de marzo de 2012

Celebración Día da Poesía.

A escola púxose ao sol, e recitou e recitou... poemas do mar e do vento, de risa e de pena, de auga e de terra, de inverno e verán... Poemas e música. Primavera.

2 de marzo de 2012

Aniversario de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro foi o Aniversario de Rosalía de Castro. Cumpre 175 anos... Si, xa é maior, pero está tan viva que todos recoñecemos, aprendemos, recitamos, lemos os seus poemas... Poemas que falan do amor, da soedade, da nosa terra, da nosa lingua, das nosas tradicións... Parabéns, Rosalía, moitos anos de vida!

13 de noviembre de 2011



 Alejandra cumpliu 8 anos e celebrouno con nós no cole. Moitísimas felicidades! e....... que cumplas moitos máis.

6 de septiembre de 2011

Axenda Escolar 2011-2012

Benvidos a todos ao novo curso escolar 2011 -2012. Aquí tedes as novas axendas para o curso que vai a comezar. Cando o alumnado se incorpore ao centro, as axendas estarán preparadas, para que coas súas letras miúdas e imperfectas rotulen o nome na portada. O seu interior irase enchendo de anotacións, datas imprecisas e deberes por facer... Espero que vos guste!!!

28 de marzo de 2011

Reportaxe en VTelevisión.

Aquí tedes o enlace para que vexades a reportaxe que nos fixeron os de VTelevisión o día 18 de marzo. Saímos no min 10 e 20seg. aproximadamente.

http://www.vtelevision.es/informativos/2011/03/26/0031_24_64452.htm

24 de marzo de 2011

Rebeca cumpliu 8 anos e tamén quixo celebralo con nós na clase....... cantamos e tirámoslle das orellas......
 Moitísimas felicidades Rebe!!!!!!!

2ª visita piscina

O alumnado de 1º,2º e 4ºE.P. disfrutamos da segunda visita á piscina o pasado martes día 22.... a auga patossssss!
Grazas Aurelia pola montaxe do video.

18 de marzo de 2011

Esta páxina contén recursos para o 1º ciclo de E.P. que traballaremos ao longo da vindeira semana. Podedes ir practicando os referentes a matemáticas e lengua. É moi divertido.

http://marife2.wordpress.com/

17 de marzo de 2011

12 de marzo de 2011

Os nosos amigos: AS MASCOTAS

Dende a biblioteca do cole, durante o mes de febreiro traballamos sobre o tema: As mascotas.
Trouxemos fotos das nosas mascotas e elaboramos un mural.
Fixemos o D.N.I. delas onde reflexamos o seu aspecto físico e a súa forma de ser. Contamos aos nosos compañeiros como chegaron ás nosas mans e que compartimos con elas.
Esperamos que vos guste o noso traballo.


O reloxo - Horas e cuarto e menos cuarto.

Repasamos co jclic as horas en punto, e media... aprendemos e cuarto e menos cuarto.


Obradoiro "Mantemento de relacións"

O venres visitounos  José C, para falarnos da amizade. Estivemos reflexionando sobre os nosos amigos e amigas: onde os coñecemos, que compartimos con eles, cousas positivas e negativas, como axudalos... a verdade é que estivo moi interesante e descubrimos moitas cousas sobre a amizade.


8 de marzo de 2011

Ademais de disfrazarnos ao longo da semana, o venres celebramos o entroido cun desfile de disfraces e coa degustación dos postres que trouxeron ás familias para a participación no concurso "Postres do entroido". Grazas a todas elas polo esforzo,implicación,orixinalidade e creatividade. Ata o vindeiro ano!