28 de marzo de 2011

Reportaxe en VTelevisión.

Aquí tedes o enlace para que vexades a reportaxe que nos fixeron os de VTelevisión o día 18 de marzo. Saímos no min 10 e 20seg. aproximadamente.

http://www.vtelevision.es/informativos/2011/03/26/0031_24_64452.htm

24 de marzo de 2011

Rebeca cumpliu 8 anos e tamén quixo celebralo con nós na clase....... cantamos e tirámoslle das orellas......
 Moitísimas felicidades Rebe!!!!!!!

2ª visita piscina

O alumnado de 1º,2º e 4ºE.P. disfrutamos da segunda visita á piscina o pasado martes día 22.... a auga patossssss!
Grazas Aurelia pola montaxe do video.

18 de marzo de 2011

Esta páxina contén recursos para o 1º ciclo de E.P. que traballaremos ao longo da vindeira semana. Podedes ir practicando os referentes a matemáticas e lengua. É moi divertido.

http://marife2.wordpress.com/

17 de marzo de 2011

12 de marzo de 2011

Os nosos amigos: AS MASCOTAS

Dende a biblioteca do cole, durante o mes de febreiro traballamos sobre o tema: As mascotas.
Trouxemos fotos das nosas mascotas e elaboramos un mural.
Fixemos o D.N.I. delas onde reflexamos o seu aspecto físico e a súa forma de ser. Contamos aos nosos compañeiros como chegaron ás nosas mans e que compartimos con elas.
Esperamos que vos guste o noso traballo.


O reloxo - Horas e cuarto e menos cuarto.

Repasamos co jclic as horas en punto, e media... aprendemos e cuarto e menos cuarto.


Obradoiro "Mantemento de relacións"

O venres visitounos  José C, para falarnos da amizade. Estivemos reflexionando sobre os nosos amigos e amigas: onde os coñecemos, que compartimos con eles, cousas positivas e negativas, como axudalos... a verdade é que estivo moi interesante e descubrimos moitas cousas sobre a amizade.


8 de marzo de 2011

Ademais de disfrazarnos ao longo da semana, o venres celebramos o entroido cun desfile de disfraces e coa degustación dos postres que trouxeron ás familias para a participación no concurso "Postres do entroido". Grazas a todas elas polo esforzo,implicación,orixinalidade e creatividade. Ata o vindeiro ano!

ENTROIDO 2011

Celebración do entroido coas consignas ao longo da semana. Grazas Susana pola montaxe do video.


Afianzamos e repasamos contidos de Lingua Galega na PDI.


3 de marzo de 2011

Recoñecemento ao noso traballo, que sin lugar a dúbida debe mellorar día a día...
Clicade abaixo para ler a noticia publicada na Voz de Galicia o luns 28 de febreiro.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/28/0003_201102G28P11991.htm