20 de noviembre de 2010

O luns 15 de novembro celebramos o aniversario de Nerea C. e por suposto cantamoslle o "cumpleanos feliz" e........ tiramoslle das orellaaaasssss...
Felicidades!!!!!

MAGOSTO 2010 NOS MUÍÑOS

O pasado martes 16 de novembro celebramos o magosto, ademais de castañas tivemos gran variedade de xogos populares.............pasámolo moi ben!!!!!


7 de noviembre de 2010

A Coruña

O pasado mércores día 3 novembro, os alumnos de 2º,3º e 4º E.P,xunto cos titores, visitamos na Coruña o Aquarium Finisterrae, a DOMUS e a Casa das Ciencias.
No Aquarium ademais de divisar o oceáno Atlántico e o histórico faro da Torre de Hércules,  sumerxímonos no mar descendendo a sala Nautilus para revivir o soño de Xulio Verne e poder ver a miles de peixes de 50 especies diferentes nadando ao noso arredor. Alí estaba Gastón, un novo e espectacular inquilino: un macho de quenlla toro (Carcharias taurus) que mide 3 metros e pesa máis de 100 kilos. Tamén visitamos ás focas, os módulos interactivos da sala Maremagnun ... e tocamos quenllas pequeniñas!!!
Na Casa do Home (DOMUS) tamén aprendimos moitas cousas pois hai máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana. Estivemos nos módulos de xenética, humanidade, evolución...
Despois de comer collemos rumbo ao parque de Santa Margarida (momento de relax) e visitamos a Casa das Ciencias onde visionamos no Planetario  a película :"A noite do vampiro" ... Nos vos asustedes, trátase dun vampiro afecionado á astronomía.
Bueno, xa  remato con este resumo do que fixemos na Coruña. Foi un día longo pero moi divertido e sobre todo moi productivo. Disfrutade agora da 1ª parte da película...