31 de octubre de 2010

Diario dixital " QUE PASA NA COSTA"

A continuación podedes visualizar o artigo que publicou o diario dixital da Costa da Morte/QUE PASA DA COSTA acerta do noso traballo sen libros de texto en varios niveis de EP. Sempre resulta gratificante que se fagan eco do traballo que realizamos día a día.
Si queredes velo ao completo incluídos os videos, podedes atopalo en
http://quepasanacosta.com/


A escola sen libros
viernes, 29 de octubre do 2010


Cada vez que nos contan como traballan, como lles aprenden aos alumnos do centro, quedamos alucinados. A capacidade do profesorado do Colexio dos Muíños, en Muxía, de adaptación ás novas tecnoloxías é un exemplo non só na Costa da Morte. I é que por algo a chamamos a Escola 2.0, porque a internet e a novas tecnoloxías son ferramentas básicas na educación dos cativos.

A clase sen libros
Hoxe cóntannos dous exemplos do traballo diario desenvolvido no centro. En 2º, 4º e 6º de primaria decidiron traballar sen o apoio exclusivo dos libros de texto, polo que o currículo se desenvolve a través dos medios cos que conta a escola: ordenadores, Pizarra Dixital Interactiva, Blogs,.... e por suposto, os medios tradicionais, papel, lápis, pizarra e xiz.

Teñen claro no centro que verdadeiramente importante é ter claros os obxectivos e a forma de chegar a eles. Para facelo, para achegarse a eles, utilizan unha "metodoloxía eminentemente participativa e colaborativa". Aquí vemos un exemplo de como as pequenas inteactúan con estas pizarras, que en moitos outros centros están sen usar.

Aprendendo e integrando
Son métodos que permiten que o alumnado se sinta parte do proceso de formación. Como destaca a directiva, a súa visión educativa céntrase en "ser un medio de integración e compensación das desigualdades combinando metodoloxías tradicionais e innovadoras que favorezan a aprendizaxe significativa nun clima tolerante e de cooperación".

Blogs dos estudiantes
Xa os visitaremos na sección da Bitácora da semana, como fixemos no seu momento coa Tripulación Pirata de 6º, pero vos queremos deixar con estes espazos creados polos polas mestras responsables de cada nivel, que son utilizados como medio para impartir clase e como soporte para difundir información.

Exemplo en 2º de Primaria: fantasianosmuinhos.blogspot.com.
Exemplo en 4º de Primaria: nomundodasmarabillas.blogspot.com.

SAMAÍN 2010-

Non pensedes que só os nenos e nenas o pasaron de meeeeedoooooooo... tamén os profes participamos e disfrutamos ao grandeeeeeeeeeeee.... VAIA SUSTOOOOOO!!!!!!!

30 de octubre de 2010

SAMAÍN 2010-

Quero agradecer a todas as familias do noso alumnado pola participación, interés e creatividade na  decoración de cabazas para a exposición e concurso. Sin o voso esforzo non sería posible levalo a cabo. Grazas, un ano máis.

SAMAÍN 2010

Aquí podedes ver dous videos do samaín pertencentes a Gloria Roel, cantante do grupo "Mamá cabra" e intérprete da canción que este ano tivemos por himno para festexar o samaín no cole.....tuuuumba tuuuuumba   jajajajaja!!!!

    

Todos a cantarrrrrrrrrrrrrrr... Tumba por alí,tumba por alá....

27 de octubre de 2010

Este curso estamos a traballar sen libros de texto polo que utilizamos entre outros recursos a pizarra dixital. Aquí podedes ver aos alumnos aprendendo e facendo tarefas de Lingua, Lengua e Matemáticas.

24 de octubre de 2010

O venres pola tarde, adicámolo a deseñar as nosas propias camisetas.   Ufffffffffffff dounos traballo pero quedaron chulísimasssss...


Aquí estamos compartindo con Borja unha sesión da clase de Plástica.

A principios do mes de outubro tivemos a visita guiada á biblioteca, a profe Isabel recordounos as normas de uso, o luns será o noso día de préstamo no recreo... Para rematar coa visita contounos un conto cheo de emoción..... mirade para as nosas caras e imaxinádeo!!!!

Hora de ler


Por fin hoxe, dispóñome a estrenar este blog...disculpade a tardanza.
Neste curso teremos con nós, os venres, un compañeiro novo que compartirá a hora de ler e axudarános en plástica....Borja!!!!! Aínda que de vez en cando tamén nos acompañan os pequechos de 5 anos....... pasámolo de medoooooooooo todos xuntos.   Comprobádeo!!!!!