A continuación podedes visualizar o artigo que publicou o diario dixital da Costa da Morte/QUE PASA DA COSTA acerta do noso traballo sen libros de texto en varios niveis de EP. Sempre resulta gratificante que se fagan eco do traballo que realizamos día a día.
Si queredes velo ao completo incluídos os videos, podedes atopalo en
http://quepasanacosta.com/
A escola sen libros
viernes, 29 de octubre do 2010
Cada vez que nos contan como traballan, como lles aprenden aos alumnos do centro, quedamos alucinados. A capacidade do profesorado do Colexio dos Muíños, en Muxía, de adaptación ás novas tecnoloxías é un exemplo non só na Costa da Morte. I é que por algo a chamamos a Escola 2.0, porque a internet e a novas tecnoloxías son ferramentas básicas na educación dos cativos.
A clase sen libros
Hoxe cóntannos dous exemplos do traballo diario desenvolvido no centro. En 2º, 4º e 6º de primaria decidiron traballar sen o apoio exclusivo dos libros de texto, polo que o currículo se desenvolve a través dos medios cos que conta a escola: ordenadores, Pizarra Dixital Interactiva, Blogs,.... e por suposto, os medios tradicionais, papel, lápis, pizarra e xiz.
Teñen claro no centro que verdadeiramente importante é ter claros os obxectivos e a forma de chegar a eles. Para facelo, para achegarse a eles, utilizan unha "metodoloxía eminentemente participativa e colaborativa". Aquí vemos un exemplo de como as pequenas inteactúan con estas pizarras, que en moitos outros centros están sen usar.
Aprendendo e integrando
Son métodos que permiten que o alumnado se sinta parte do proceso de formación. Como destaca a directiva, a súa visión educativa céntrase en "ser un medio de integración e compensación das desigualdades combinando metodoloxías tradicionais e innovadoras que favorezan a aprendizaxe significativa nun clima tolerante e de cooperación".
Blogs dos estudiantes
Xa os visitaremos na sección da Bitácora da semana, como fixemos no seu momento coa Tripulación Pirata de 6º, pero vos queremos deixar con estes espazos creados polos polas mestras responsables de cada nivel, que son utilizados como medio para impartir clase e como soporte para difundir información.
Exemplo en 2º de Primaria: fantasianosmuinhos.blogspot.com.
Exemplo en 4º de Primaria: nomundodasmarabillas.blogspot.com.
3 comentarios:
Hola Begoña. Xa vexo que tamén te enliaches na aventura dos blogues. Estupendo.Nós tamén traballamos por proxectos, sen libros.Pasamolo xenial e os nenos e nenas non digamos.Bicos e saúdos a estos fantásticos mestres de Muxía .
Compiiiii....Que ben saber que tamén traballades por proxectos.Envíame a dirección do teu blog e así intercambiaremos experiencias.Bicos e seguimos en contacto.
Acabo de darme unha panzada de blog de 2º. Todavía non me asomara a esta ventá, e polo que vexo hai moito mundo que ver a través dela. Grazas Bego e rapaces de 2º por darnos unha visión tan agradable da escola.
Publicar un comentario