O pasado mércores día 3 novembro, os alumnos de 2º,3º e 4º E.P,xunto cos titores, visitamos na Coruña o Aquarium Finisterrae, a DOMUS e a Casa das Ciencias.
No Aquarium ademais de divisar o oceáno Atlántico e o histórico faro da Torre de Hércules, sumerxímonos no mar descendendo a sala Nautilus para revivir o soño de Xulio Verne e poder ver a miles de peixes de 50 especies diferentes nadando ao noso arredor. Alí estaba Gastón, un novo e espectacular inquilino: un macho de quenlla toro (Carcharias taurus) que mide 3 metros e pesa máis de 100 kilos. Tamén visitamos ás focas, os módulos interactivos da sala Maremagnun ... e tocamos quenllas pequeniñas!!!
Na Casa do Home (DOMUS) tamén aprendimos moitas cousas pois hai máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana. Estivemos nos módulos de xenética, humanidade, evolución...
Despois de comer collemos rumbo ao parque de Santa Margarida (momento de relax) e visitamos a Casa das Ciencias onde visionamos no Planetario a película :"A noite do vampiro" ... Nos vos asustedes, trátase dun vampiro afecionado á astronomía.
Bueno, xa remato con este resumo do que fixemos na Coruña. Foi un día longo pero moi divertido e sobre todo moi productivo. Disfrutade agora da 1ª parte da película...
3 comentarios:
Cantas maraghotas, non? Grandes, pequenas, medianas, grises, brancas, con dentes, sen dentes, con dúas aletas, con catro,... sen aletas! Verde de envexa que estou! Que contan eles e elas do que viron?
Antes de ir a Coruña,preparamos todos xuntos a visita aos distintos sitios e visionamos unha peli do Aquarium onde tíñamos información sobre as quenllas Gastón e Hermosa e dende logo o que máis lles emocionou foi o poder ver,en vivo e directo,a super quenlla GASTÓN!!! Na clase de Lingua traballamos o conto do "Vampiro vexetariano" que foi o protagonista da peli que nos mostraron no planetario o cal lles impresionou moitísimo (visionado no teito...). A verdade é que aprenderon e disfrutaron a tope e viñeron cansadiños.......dou fe diso!!!!
Aínda non fun capaz de ver todas as imaxes porque o vídeo para constantemente... E xa sabía eu que a música ía ser esta (levo 15 días escoitando a mesma melodía desde o outro lado da parede). Fóra bromas, moi boa excursión: moi ben organizada co traballo preparatorio anterior á saída, e logo a continuidade na aula. Un sobresaliente para estes mestres. Da gusto traballar no mesmo centro ca vós.
Publicar un comentario