31 de diciembre de 2010

O día 21 de decembro visitounos, chegado dende o Polo Norte........Papá Noel !!!!!!!!



 
Nerea P. celebrou o seu cumple e convidounos a todos.... por suposto, tirámoslle das orellas.
FELIZ ANIVERSARIO NEREA!!!!!

Cubertas da Catedral de Santiago

   O pasado 17 de decembro, visitamos Santiago de Compostela. Fomos a exposición de Galicia Dixital, visitamos as súas rúas e subimos 90 escalóns ata chegar ás cubertas da Catedral, aos alumnos de 2º, 3º e 4º E.P e aos profes encantounos, foi unha experiencia ... para repetir.
  A guía, explicounos que as  cubertas da Basílica Compostelá foron, -desde as orixes do edificio-, de granito e graduadas; ás que se podía acceder a través das torres da fachada medieval do Mestre Mateo. Subir ás cubertas do Santuario Xacobeo é ter acceso a un lugar privilexiado desde o cal podemos rematar a visión da Basílica, e, ao mesmo tempo, contemplar Compostela: as súas orixes, evolución e crecemento, así como o amplo panorama da comarca que a rodea, do que forman parte as históricas montañas, cheas de tradicións xacobeas e da peregrinación.
   Di Aymerico Picaut, no Codex Calixtinus, que o que estea melancólico, se sobe ao alto, baixará alegre.
Sen dúbida é un mirador excelente, -que desborda os sentidos co goce de tanta beleza-, que serve para introducirnos na reflexión dos feitos históricos e artísticos, dende a Tumba do Apóstolo Santiago o Maior.
   O acceso faise desde o Palacio de Xelmírez (Obradoiro), para continuar a ascensión pola Torre da Carraca, pasando sobre o Pórtico da Gloria e subindo os últimos tramos a través da Torre das Campás. Desde alí saimos á Cuberta, onde  realizaramos un percorrido perimetral, descendendo, finalmente, pola Torre da Carraca.



20 de diciembre de 2010

Grazas a todos os alumnos e as súas familias pola colaboración e participación nas actividades propostas polo equipo de actividades extraescolares para a celebración das diversas fesividades.

Traballamos distintos obxectivos e contidos na PDI.....e os rapaces...encantados!!!!!


4 de diciembre de 2010

Perdoade pola tardanza pero o prometido é débida... aquí tedes a 2ª parte do video da excursión a Coruña no mes de novembro.  Disfrutádeo!!!