O pasado 17 de decembro, visitamos Santiago de Compostela. Fomos a exposición de Galicia Dixital, visitamos as súas rúas e subimos 90 escalóns ata chegar ás cubertas da Catedral, aos alumnos de 2º, 3º e 4º E.P e aos profes encantounos, foi unha experiencia ... para repetir.
A guía, explicounos que as cubertas da Basílica Compostelá foron, -desde as orixes do edificio-, de granito e graduadas; ás que se podía acceder a través das torres da fachada medieval do Mestre Mateo. Subir ás cubertas do Santuario Xacobeo é ter acceso a un lugar privilexiado desde o cal podemos rematar a visión da Basílica, e, ao mesmo tempo, contemplar Compostela: as súas orixes, evolución e crecemento, así como o amplo panorama da comarca que a rodea, do que forman parte as históricas montañas, cheas de tradicións xacobeas e da peregrinación.
Di Aymerico Picaut, no Codex Calixtinus, que o que estea melancólico, se sobe ao alto, baixará alegre.
Sen dúbida é un mirador excelente, -que desborda os sentidos co goce de tanta beleza-, que serve para introducirnos na reflexión dos feitos históricos e artísticos, dende a Tumba do Apóstolo Santiago o Maior.
O acceso faise desde o Palacio de Xelmírez (Obradoiro), para continuar a ascensión pola Torre da Carraca, pasando sobre o Pórtico da Gloria e subindo os últimos tramos a través da Torre das Campás. Desde alí saimos á Cuberta, onde realizaramos un percorrido perimetral, descendendo, finalmente, pola Torre da Carraca.
2 comentarios:
Que fermosas vistas! Nunca vira a Berenguela nen a Praza das Praterías desde esta perspectiva! Encántanme. Grazas, Begoña. Para a próxima quero que me apuntedes a min...
Ver la fachada de la catedral i la plaza del Obradoiro me ha traido gartos recuerdos. un reportage fantástico!
Carmeta
Publicar un comentario