Empezamos a multiplicar.
Practicade!!!!
Ola,os nenos e nenas de 3º de primaria do CEIP Os Muíños de Muxía,este ano mergullaránse no mundo dos muíños!!!!
28 de enero de 2011
23 de enero de 2011
O pasado día 13 de Xaneiro realizamos no cole o "Simulacro de evacuación" coa participación de persoal do "Parque de Bombeiros" de Cee. Podedes ler esta nova publicada en "Que pasa na Costa" Cee, Muxía co título "Os bombeiros salvan Muxía" a continuación:
Novo simulacro de evacuación o que practicaron a pasada semana o equipo do Parque de Bombeiros de Cee no C.E.I.P. “Os Muíños”. Ao igual que o ano pasado, o profesorado do centro muxián, xa saben a Escola máis dixitalizada e moderna de toda a bisbarra, grabou todo o simulacro e nos deixa estas imaxes.
Como nos contan dende un dos seus numerosos blogs, o do Remuíño, o obxectivo era comprobar se todo o alumnado e o persoal está preparado para un simulacro real”. E abofé que o están, sabendo que o tempo empregado no desaloxo foi de tan só 2 minutos e 32 segundos.
2 minutos de vértigo, nos que o persoal responsable de cada planta encargouse de desconectar o fluido eléctrico e revisar todas as dependencias, e o persoal de cociña comprobou que o gas estaba cortado. Unha vez fóra, todos reuníronse no patio para recibir a felicitación do xefe de bombeiros.
Houbo tempo ademais para as preguntas, e como non, para subir ao camión.

22 de enero de 2011
Con motivo da celebración do día da Paz o vindeiro venres, estamos traballando e coñecendo os continentes, na clase de 2º aprendemos moitas características dos países que constitúen EUROPA. Ademáis xa sabemos cantar "Aquarela", que entonaremos todos xuntos o venres e fixemos creacións utilizando....acuarela.
A continuación poderedes ver o traballo que estamos a facer e escoitar a canción.

18 de enero de 2011
13 de enero de 2011
Dende a biblioteca, a Curuxa enviounos unha carta para recordarnos que neste mes de Xaneiro celebraremos o día da Paz. Invitounos a escoitar
"Aquarela" unha canción do cantante brasileiro Toninho e a realizar as nosas propias creacións artísticas con acuarelas...xa veredes as obras de arte que estamos facendo!!! No blog da Curuxa podemos ver o video coa canción no idioma orixinal e aquí tedes a versión en castelán. Disfrutádea e sobre todo escoitade ben a mensaxe!!!

O día 20 decembro 2010,visitamos co alumnado de 1º, 2º e 4º E.P. o Hospital "Virxe da Xunqueira" de Cee tras a invitación recibida pola participación no concurso "Postais do Nadal 2010". A nosa participación foi grazas ao traballo desenrolado na aula pola mestra de relixión, María José. Ela foi quen nos invitou e axudou a participar.
No hospital recibimos agasallos por participar, disfrutamos co contacontos e tomamos aperitivos na cafetería. Foi unha nova experiencia.

O pasado 16 de decembro 2010, os alumnos de 1º e 2º E.P. e as súas mestras, visitamos a fábrica de queixos "Lácteos Pérez"S.L ubicada en A Pereira (Santa Comba). Alí, realizamos unha visita guiada por todas as instalacións e observamos as fases do proceso productivo para a elaboración dos distintos tipos de queixo. Esta empresa comezou a elaboración no ano 1998 e hoxe en día é unha das firmas de maior capacidade productiva do queixo de Tetilla do noso país. Se queredes coñecer a fondo o funcionamento e historia desta empresa e ademais recordar a nosa visita, clicade aquí http://www.lacteosperezolveira.com/index.html
Ao rematar a visita, fixemos unha parada na ponte de orixe romano do Concello de Zas "Ponte de Brandomil", alí merendamos e paseamos por este fermoso entorno natural. Sen dúbida foi unha mañá cargada de novas experiencias.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)