O pasado 16 de decembro 2010, os alumnos de 1º e 2º E.P. e as súas mestras, visitamos a fábrica de queixos "Lácteos Pérez"S.L ubicada en A Pereira (Santa Comba). Alí, realizamos unha visita guiada por todas as instalacións e observamos as fases do proceso productivo para a elaboración dos distintos tipos de queixo. Esta empresa comezou a elaboración no ano 1998 e hoxe en día é unha das firmas de maior capacidade productiva do queixo de Tetilla do noso país. Se queredes coñecer a fondo o funcionamento e historia desta empresa e ademais recordar a nosa visita, clicade aquí http://www.lacteosperezolveira.com/index.html
Ao rematar a visita, fixemos unha parada na ponte de orixe romano do Concello de Zas "Ponte de Brandomil", alí merendamos e paseamos por este fermoso entorno natural. Sen dúbida foi unha mañá cargada de novas experiencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario