23 de enero de 2011

O pasado día 13 de Xaneiro realizamos no cole o "Simulacro de evacuación" coa participación de persoal do "Parque de Bombeiros" de Cee.  Podedes ler esta nova  publicada en "Que pasa na Costa" Cee, Muxía co título "Os bombeiros salvan Muxía" a continuación:
Novo simulacro de evacuación o que practicaron a pasada semana o equipo do Parque de Bombeiros de Cee no C.E.I.P. “Os Muíños”. Ao igual que o ano pasado, o profesorado do centro muxián, xa saben a Escola máis dixitalizada e moderna de toda a bisbarra, grabou todo o simulacro e nos deixa estas imaxes.

Como nos contan dende un dos seus numerosos blogs, o do Remuíño, o obxectivo era comprobar se todo o alumnado e o persoal está preparado para un simulacro real”. E abofé que o están, sabendo que o tempo empregado no desaloxo foi de tan só 2 minutos e 32 segundos.

2 minutos de vértigo, nos que o persoal responsable de cada planta encargouse de desconectar o fluido eléctrico e revisar todas as dependencias, e o persoal de cociña comprobou que o gas estaba cortado. Unha vez fóra, todos reuníronse no patio para recibir a felicitación do xefe de bombeiros.

Houbo tempo ademais para as preguntas, e como non, para subir ao camión.


2 comentarios:

Nens i nenes de Primer, de Bordils dijo...

Nosotros en la escuela también hacemos simulacro de incendios pero sin bomberos.
¿Cómo lo haceis para convencer a los bomberos que vengan a la escuela?
¿Teneis una alarma o sirena para avisaros?

Alumnos de primero de la escuela de Bordils.

Begoña B. C. dijo...

Hola:
Gracias por visitar nuestro blog.
La verdad es que este es el segundo curso que nos visitan los bomberos en el simulacro.
La directora del cole los invita a venir y si aceptan, tiene que pedir permisos a distintas instituciones para que se desplacen hasta aquí. Cuando tiene los permisos concedidos, se pone de acuerdo con ellos en el día porque este fue un simulacro programado por los profes pero que nosotros desconocíamos. En el tercer trimestre tendremos otro que solo conocerá la dire.
Sabemos que es un simulacro porque la sirena del cole toca 3 veces seguidas.
Saúdos.
Nenos e nenas de 2º de Os Muíños.