O pasado mércores 2 de febreiro visitou o noso cole "A Xanela do Maxín", unha compañía de títeres profesional, que nos deleitou con "Chincha Rabincha".
"Chincha Rabincha" é un espectáculo orixinal no que se mezclan a maxia e o mundo real, cuns personaxes entrañables. Entrelázanse as vidas dun pallaso paroleiro, dun bruxo pintor de soños e dun pequeno para acabar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.
Unha historia onde o medo é o tema central, pero na que tamén se fomenta a seguridade nun mesmo e valores tan fundamentais como o respecto, a tolerancia ou a paz, nun espazo onde a imaxinación e o enxeño son as ferramentas que se utilizan para recuperar a pizarra dos soños do "Bruxo Soñabán".
No hay comentarios:
Publicar un comentario