12 de febrero de 2011

Sr. Mundo, dígame?

O pasado martes 8 de febreiro os alumnos de 1º e 2º E.P. presenciaron unha obra de teatro en Muxía xunto cos compañeiros dos colexios de Vilarmide e Muxía.
Señor mundo, dígame? é un recital de poesía e é tamén unha representación teatral . A partir de textos de Antonio García Teijeiro, a compañía Factoría Teatro divertiunos con 50 minutos de ritmo e de xogo á procura da palabra, un recital tolo de poesía sonora e visual no que os mais pequechos riron a tope.

No hay comentarios: