13 de noviembre de 2011



 Alejandra cumpliu 8 anos e celebrouno con nós no cole. Moitísimas felicidades! e....... que cumplas moitos máis.

6 de septiembre de 2011

Axenda Escolar 2011-2012

Benvidos a todos ao novo curso escolar 2011 -2012. Aquí tedes as novas axendas para o curso que vai a comezar. Cando o alumnado se incorpore ao centro, as axendas estarán preparadas, para que coas súas letras miúdas e imperfectas rotulen o nome na portada. O seu interior irase enchendo de anotacións, datas imprecisas e deberes por facer... Espero que vos guste!!!

28 de marzo de 2011

Reportaxe en VTelevisión.

Aquí tedes o enlace para que vexades a reportaxe que nos fixeron os de VTelevisión o día 18 de marzo. Saímos no min 10 e 20seg. aproximadamente.

http://www.vtelevision.es/informativos/2011/03/26/0031_24_64452.htm

24 de marzo de 2011

Rebeca cumpliu 8 anos e tamén quixo celebralo con nós na clase....... cantamos e tirámoslle das orellas......
 Moitísimas felicidades Rebe!!!!!!!

2ª visita piscina

O alumnado de 1º,2º e 4ºE.P. disfrutamos da segunda visita á piscina o pasado martes día 22.... a auga patossssss!
Grazas Aurelia pola montaxe do video.

18 de marzo de 2011

Esta páxina contén recursos para o 1º ciclo de E.P. que traballaremos ao longo da vindeira semana. Podedes ir practicando os referentes a matemáticas e lengua. É moi divertido.

http://marife2.wordpress.com/

17 de marzo de 2011

12 de marzo de 2011

Os nosos amigos: AS MASCOTAS

Dende a biblioteca do cole, durante o mes de febreiro traballamos sobre o tema: As mascotas.
Trouxemos fotos das nosas mascotas e elaboramos un mural.
Fixemos o D.N.I. delas onde reflexamos o seu aspecto físico e a súa forma de ser. Contamos aos nosos compañeiros como chegaron ás nosas mans e que compartimos con elas.
Esperamos que vos guste o noso traballo.


O reloxo - Horas e cuarto e menos cuarto.

Repasamos co jclic as horas en punto, e media... aprendemos e cuarto e menos cuarto.


Obradoiro "Mantemento de relacións"

O venres visitounos  José C, para falarnos da amizade. Estivemos reflexionando sobre os nosos amigos e amigas: onde os coñecemos, que compartimos con eles, cousas positivas e negativas, como axudalos... a verdade é que estivo moi interesante e descubrimos moitas cousas sobre a amizade.


8 de marzo de 2011

Ademais de disfrazarnos ao longo da semana, o venres celebramos o entroido cun desfile de disfraces e coa degustación dos postres que trouxeron ás familias para a participación no concurso "Postres do entroido". Grazas a todas elas polo esforzo,implicación,orixinalidade e creatividade. Ata o vindeiro ano!

ENTROIDO 2011

Celebración do entroido coas consignas ao longo da semana. Grazas Susana pola montaxe do video.


Afianzamos e repasamos contidos de Lingua Galega na PDI.


3 de marzo de 2011

Recoñecemento ao noso traballo, que sin lugar a dúbida debe mellorar día a día...
Clicade abaixo para ler a noticia publicada na Voz de Galicia o luns 28 de febreiro.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/02/28/0003_201102G28P11991.htm

17 de febrero de 2011

KALANDRAKA VISITOUNOS

O mércores 16 de febreiro, recibimos a visita dos nosos amigos da fábrica dos libros de Kalandraka. Desta volta, Patricia e Álex fixeron que pasáramos unha hora divertidísima!


13 de febrero de 2011

Para nuestros amigos y amigas da escola de Bordils.

Catalina, el Oso y Pedro.
- Galego: “Catarina, o Oso e Pedro”.
- Catalán: “La Caterina, l’ós i en Pere”.

Catalina y el oso reciben la visita de su primo Pedro,
se saludan y salen sin rumbo por el mundo...
...Viajan haciendo carreras, a veces en carro,
a veces muy lento y otras muy rápido.

¿Qué aventura os gustó más?
¿Tiene Pedro alguna dificultad por estar en silla de ruedas?



O venres dia 11 febreiro celebramos na clase os aniversarios de Elena e Adrián.....hummmmmm canto comemos, estaba todo riquíííísimo! Moitísimas felicidades a Elena e Adrián no seu 8º cumple!!!!!
Na área de matemáticas traballamos as pirámides e os prismas e afianzamos a táboa de multiplicar do 2. Aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.

Aquí tedes un pequeno avance do inicio das nosas creacións  sobre a poesía que enviamos aos nosos amigos da escola de Bordils.

12 de febrero de 2011

O pasado mércores 2 de febreiro visitou o noso cole "A Xanela do Maxín", unha compañía de títeres profesional, que nos deleitou con "Chincha Rabincha".
"Chincha Rabincha" é un espectáculo orixinal no que se mezclan a maxia e o mundo real, cuns personaxes entrañables.   Entrelázanse as vidas dun pallaso paroleiro, dun bruxo pintor de soños e dun pequeno para acabar cos pesadelos que atormentan aos nenos e nenas polas noites.
Unha historia onde o medo é o tema central, pero na que tamén se fomenta a seguridade nun mesmo e valores tan fundamentais como o respecto, a tolerancia ou a paz, nun espazo onde a imaxinación e o enxeño son as ferramentas que se utilizan para recuperar a pizarra dos soños do "Bruxo Soñabán".

Sr. Mundo, dígame?

O pasado martes 8 de febreiro os alumnos de 1º e 2º E.P. presenciaron unha obra de teatro en Muxía xunto cos compañeiros dos colexios de Vilarmide e Muxía.
Señor mundo, dígame? é un recital de poesía e é tamén unha representación teatral . A partir de textos de Antonio García Teijeiro, a compañía Factoría Teatro divertiunos con 50 minutos de ritmo e de xogo á procura da palabra, un recital tolo de poesía sonora e visual no que os mais pequechos riron a tope.
Tania tamén celebrou o seu cumple con nós. Moitísimas felicidadessssssss e que cumplas moitos máissss!!!!!!!    Feliz aniversario!!!!!

8 de febrero de 2011

Poesía para nuestros compañeros de Bordils:

Encima del universo                                        Enriba do universo
hai estrellas y cometas                                    hai estrelas e cometas
que cuando la gente duerme                            que cando a xente dorme
van en bicicletas.                                             van en bicicletas.


Y juegan al golf                                              E xogan ao golf
en los campos de la Luna                               nos campos da Lúa
y cenan todos juntos                                      e cean todos xuntos
percebes y angulas.                                       percebes e angulas.


Y antes de dormir                                         E antes de durmir
cuentan cuentos boreales                              contan contos boreais
y nos envían con la aurora                             e envíannos coa aurora
dulces besos siderales.                                 doces bicos siderais.


                              Autora:Montse Torrents.

¿Qué acciones realizan las estrellas y los cometas en el poema? ¿Pueden hacerlas en la realidad?
Nombra dos substantivos femeninos y dos masculinos que se escriban igual en castellano y en gallego.

6 de febrero de 2011

Aquí tedes unha mostra de parte do traballo feito para celebrar o día da PAZ... por certo, a canción foi elexida por Borja!!!!!

5 de febrero de 2011

Nos presentamos

Desde el CEIP "Os Muíños", los alumnos de 2º EP queremos enviar un cariñoso saludo a nuestros compañeros del cole de Bordils. En clase, hemos preparado este video para que nos conozcais, perdonad por el sonido.... no se escucha muy bien.
Bicos de Elena, David, Nerea C., Tania, Nerea P., Adrián, Daniela, Nuria, Rebeca y Jeray.

2 de febrero de 2011

Intercambio con Bordils

Como xa sabedes, recibimos unha invitación das mestras do 1º ciclo de E.P. dun colexio de Bordlis (municipio da comarca do Gironés na provincia de Gerona, Cataluña)para participar nun intercambio a nivel de Lengua Castellana. Comezaremos traballando a poesía e recomendándonos libros de lectura. Podedes visitar o seu blog e deixar comentarios:
http://primerbordils2010.blogspot.com/
Para nós vai a ser a primeira vez que fagamos unha actividade deste tipo e estamos super ilusionados de poder intercambiar experiencias cun cole doutra comunidade autónoma.
Dende aquí queremos dar as grazas e felicitar aos nenos e nenas de Bordils e as profes Guacimara e Carme por facernos esta invitación e polo seu blog.

23 de enero de 2011

O pasado día 13 de Xaneiro realizamos no cole o "Simulacro de evacuación" coa participación de persoal do "Parque de Bombeiros" de Cee.  Podedes ler esta nova  publicada en "Que pasa na Costa" Cee, Muxía co título "Os bombeiros salvan Muxía" a continuación:
Novo simulacro de evacuación o que practicaron a pasada semana o equipo do Parque de Bombeiros de Cee no C.E.I.P. “Os Muíños”. Ao igual que o ano pasado, o profesorado do centro muxián, xa saben a Escola máis dixitalizada e moderna de toda a bisbarra, grabou todo o simulacro e nos deixa estas imaxes.

Como nos contan dende un dos seus numerosos blogs, o do Remuíño, o obxectivo era comprobar se todo o alumnado e o persoal está preparado para un simulacro real”. E abofé que o están, sabendo que o tempo empregado no desaloxo foi de tan só 2 minutos e 32 segundos.

2 minutos de vértigo, nos que o persoal responsable de cada planta encargouse de desconectar o fluido eléctrico e revisar todas as dependencias, e o persoal de cociña comprobou que o gas estaba cortado. Unha vez fóra, todos reuníronse no patio para recibir a felicitación do xefe de bombeiros.

Houbo tempo ademais para as preguntas, e como non, para subir ao camión.


22 de enero de 2011

Con motivo da celebración do día da Paz o vindeiro venres, estamos traballando e coñecendo os continentes, na clase de 2º aprendemos moitas características dos países que constitúen EUROPA. Ademáis xa sabemos cantar "Aquarela", que entonaremos todos xuntos o venres e fixemos creacións utilizando....acuarela.
A continuación poderedes ver o traballo que estamos a facer e escoitar a canción.

18 de enero de 2011

Daniela xa cumpliu 8 anos!!!!! e tamén o celebrou con nós no cole... Moitísimas felicidades Daniela!!!!!





13 de enero de 2011

   Seguindo coas matemáticas,aquí tedes máis actividades para repasar e prácticar.  Esperade un chisquiño a que cargue o enlace directamente .

http://clic.xtec.cat/projects/numerac2/jclic/numerac2.jclic.zip





http://clic.xtec.cat/projects/elreloj/jclic/elreloj.jclic.zip
    Na área de matemáticas estamos estudando as horas: en punto, e media, e cuarto e menos cuarto. Aquí tedes algúns exercicios para repasar e afianzar o que aprendemos. Clicade no enlace e....disfrutade aprendendo!!!

http://clic.xtec.cat/projects/horas/jclic/horas.jclic.zip

Dende a biblioteca, a Curuxa enviounos unha carta para recordarnos que neste mes de Xaneiro celebraremos o día da Paz. Invitounos a escoitar
"Aquarela" unha canción do cantante brasileiro Toninho e a realizar as nosas propias creacións artísticas con acuarelas...xa veredes as obras de arte que estamos facendo!!! No blog da Curuxa podemos ver o video coa canción no idioma orixinal e aquí tedes a versión en castelán. Disfrutádea e sobre todo escoitade ben a mensaxe!!!

   O día 20 decembro 2010,visitamos co alumnado de 1º, 2º e 4º E.P. o Hospital "Virxe da Xunqueira" de Cee tras a invitación recibida pola participación no concurso "Postais do Nadal 2010". A nosa participación foi grazas ao traballo desenrolado na aula pola mestra de relixión, María José. Ela foi quen nos invitou e axudou a participar. 
    No hospital recibimos agasallos por participar, disfrutamos co contacontos e tomamos aperitivos na cafetería. Foi unha nova experiencia.









   
    O pasado 16 de decembro 2010, os alumnos de 1º e 2º E.P. e as súas mestras, visitamos a fábrica de queixos "Lácteos Pérez"S.L ubicada en A Pereira (Santa Comba). Alí, realizamos unha visita guiada por todas as instalacións e observamos as fases do proceso productivo para a elaboración dos distintos tipos de queixo. Esta empresa comezou a elaboración no ano 1998 e hoxe en día é unha das firmas de maior capacidade productiva do queixo de Tetilla do noso país. Se queredes coñecer a fondo o funcionamento e historia desta empresa e ademais recordar a nosa visita, clicade aquí http://www.lacteosperezolveira.com/index.html
     Ao rematar a visita, fixemos unha parada na ponte de orixe romano do Concello de Zas "Ponte de Brandomil", alí merendamos e paseamos por este fermoso entorno natural. Sen dúbida foi unha mañá cargada de novas experiencias.